RSS /
/
Mostrando :: Evento
“AS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA NA REDE DE PARQUES NACIONAIS”
Pais: España
Ciudad: vigo
Fecha del Evento: 05/04/2006
Fecha de Término del Evento: 16/04/2006
Email de Contacto: iatlanticas@mma.es
Web de Contacto: Ver Web del Evento
Información:
Exposición
“As Illas Atlánticas de Galicia na Rede de Parques Nacionais”
O Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM), dependente do Ministerio de Medio Ambiente, vai ceder durante os meses de abril, maio e xuño unha exposición itinerante sobre a Rede de Parques Nacionais ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. O Parque Nacional completou a citada exposición con paneis e información máis concreta sobre os seus valores naturais e culturais. A exposición poderá visitarse polo momento nos concellos de Vigo, Bueu, Vilagarcia de Arousa, Ribeira, Pontevedra, Cangas, Baiona e Sanxenxo. Estes concellos están colaborando co Parque Nacional na organización da exposición e das actividades que se realizarán nela. No Concello de Vigo a exposición estará no Verbum (Avda de Samil nº 17) dende o 4 ata o 16 de abril do 2006.
A exposición itinerante sobre as Illas Atlánticas de Galicia na Rede de Parques Nacionais contén os seguintes materiais:
- 42 paneis de aluminio de 100x180cm, tres por cada uno de los Parques que conforman a Rede e tres xerais sobre figuras de protección, mapa de localización e historia da Rede de Parques. Dos tres de cada Parque Nacional, un refírese á xestión, outro á riqueza natural do Parque, e un terceiro á riqueza cultural.
- 1 tótem retroiluminado de 100x215 cm.
- Un panel panorama 230x300 que representa un corte transversal dunha illa, coa súa parte terrestre, mariña e zona intermareal, e os seus ecosistemas principais.
- 2 atrís con libros troquelados que conteñen información complementaria ao panel anterior sobre o medio terrestre e o medio mariño do Parque Nacional.
- 5 paneis 100x150 sobre presentación e ubicación do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, medio mariño, aves mariñas, historia e cultura, e conservación e xestión.
- 1 mesa con caixas de tacto.
- Mostra de materiais relacionados co Parque Nacional, os seus valores naturais e a súa cultura: mostras de artes de pesca sostibles, pequena maqueta dunha dorna, etc.
O Parque Nacional complementará ditas exposicións co unha serie de actividades dirixidas tanto a escolares coma outros colectivos, co obxectivo de dar a coñecer dun xeito máis preto, lúdico e significativo os valores e recursos do espazo protexido, así como para poder solucionar as dúbidas sobre todos os aspectos que rodean á conservación e a xestión do Parque Nacional.
A actividade dirixida a colectivos e asociacións consiste nunha visita guiada de balde á exposición que será realizada por persoal do Parque Nacional, co unha duración estimada de 45’ e para 15-20 persoas como máximo por visita. A actividade estructurase do seguinte xeito:
1. Recepción do grupo e presentación da actividade.
2. Distribución do grupo en dous subgrupos (se é necesario) para realizar as visitas guiadas pola exposición.
3. Despedida do grupo e reparto dun recordo da actividade
Os colectivos que desexen participar nesta iniciativa deberán poñerse en contacto co persoal do Parque Nacional no seguinte número de teléfono: 690615388, en horario de 18:00 a 21:00 para concertar o día e hora da visita, así coma número de participantes. É importante que se faga a reserva coa máxima antelación posible, co obxecto de que poida participar o maior número de colectivos interesados.
Grazas pola súa colaboración.
José Antonio Fernández Bouzas
Director-Conservador